Por favor, lea detenidamente a lista de ROUPA/UTENSILIOS do apartado PARA LEVAR na sección ESTANCIAS e preste especial atención ós elementos OBRIGATORIOS.


Recomendamos que faga a equipaxe diante do/a seu/súa fillo/a para que este/a no teña problemas para recoñecer a roupa que leva (márquella coas súas iniciais si é preciso).
Non esqueza mandar mudas (roupa interior) para os días que dure a estancia. aínda que esteamos en verán, a roupa de abrigo é necesaria igualmente.
A roupa de tódolos días debe ser cómoda. Lembre que está proibido levar móbil.
É importante que leven o orixinal da súa tarxeta sanitaria.

No apartado INSCRICIÓNS encontrará unha ficha de inscrición e ficha MÉDICA que pode imprimir e enviarnos por correo ou fax. Por favor, non omita ningún dato sobre as enfermidades, afeccións e/ou tratamentos que poda ter seu/súa fillo/a, xa que son de vital importancia para o/a profesional da sanidade que nos asiste nesta actividade.

Durante o campamento estará dispoñible un teléfono para URXENCIAS (986 768 600 ou 687 578 019) para todos aqueles pais/titores que teñan que contactar co equipo para comunicar un feito puntual que afecte ó neno/a. Por favor, non utilicen este teléfono para outros asuntos que non revistan GRAVEDADE, xa que a liña deberá estar libre para aqueles que o precisen xustificadamente.

Igualmente, estará dispoñible antes e durante os campamentos un teléfono de ATENCIÓN para calquera dúbida que poida ter en relación coa estancia, organización dos viaxes, etc.

Os horarios de atención de chamadas para falar con fillos/as será de 15:00h a 16:00h. Non é preciso chamar tódolos días. No caso de presentarse algún problema, o centro porase en contacto con pais/titores inmediatamente.


Estancias de 1 día: Traer roupa apropiada segundo las condiciones meteorolóxicas. En inverno traer roupa para frío-choiva. Se fai calor non esquezades a gorra.
Estancias de máis de 1 día: Recomendamos que faga a equipaxe diante do/a seu/súa fillo/a para que este/a non teña problemas para recoñecer a roupa que leva (márquella coas sas iniciais si é preciso).
Non esqueza mandar mudas (roupa interior) para os días que dure a estancia. Aínda que esteamos en verán, a roupa de abrigo é necesaria igualmente.
A roupa de tódolos días debe ser cómoda.
 

Las noticias del Kiriko
inicio - presentación - instalacións - estancias - recomendacións - inscricións - localización - contacto - entorno - actividades - noticias
© kirikonatura 2006     <aviso legal >