A parcela
ocupa dez hectáreas e está moi ben comunicada
cos núcleos de poboación máis importantes
da provincia.
A Granxa Escola EL KIRIKO conta cun edificio
de 1.850 m2, que dispón de tódolos
servicios necesarios para albergar ata 150 persoas de visita
diaria ou 110 en réxime de pensión completa.
Conta con catro dormitorios
equipados con liteiras, aseos e duchas, salón comedor,
cociña, aulas de obradoiro, aula de audiovisuais, biblioteca
e enfermería, tamén conta con calefacción
en tódalas estancias.
As instalacións compléanse con zonas de xogo,
deportes e piscina.
Tamén no exterior
temos aulas adecuadas para o desenvolvemento de múltiples
actividades en contacto coa natureza como son: horta, invernadoiro,
zona de animais e cuadras.
|
 |
O equipo
humano está formado por profesionais do tempo de lecer
e da educación, así como persoal de cociña,
mantemento, limpeza e administración.
Invitámoste
desde aquí a que coñezas a Granxa e as súas
instalacións por dentro e por fóra.
Podes picar sobre o plano e as fotografías para velos
a tamaño grande.
|