O Campamento de Inmersión lingüística en Inglés conta con monitores e profesorado nativos en lingua inglesa as 24 horas do día. TÓDOLOS NOSOS PROFESORES E MONITORES SON NATIVOS DE FALA INGLESA.
A INMERSIÓN CULTURAL é a clave para o éxito destes campamentos: os rapaces coñecen xente nova doutras culturas de fala inglesa e deben transmitir a súa aos monitores e profesores. Os rapaces atópanse en todo momento nun eido seguro, divertido e onde a única lingua empregada é o inglés.
OS OBXECTIVOS DOS CAMPAMENTOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS están encamiñados a que TODOS empregen de xeito adecuado a lingua inglesa para poderse desenvolver en situacións sinxelas de convivencia e independencia comunicativa en inglés e así prepararse para unha posible convivencia futura nun país de fala inglesa.
A PROGRAMACIÓN con obradioros e actividades lúdicas, plásticas, artísticas, musicales, multimedia, deportivas etc... son valiosos instrumentos para que nosos fillos adquiran a confianza necesaria para falar máis e mellor en inglés.
Buscamos a aprendizaxe do inglés a través de:
1.- AULAS DE NATUREZA: cada día falamos dunha temática: reciclaxe, consumo responsable, enerxías alternativas, etc.
2.- OBRADOIROS de cine, teatro, proxectos de ciencias, multimedia, cociña, manualidades, xogos tradicionales, etc.
3.- CAMPEONATOS DEPORTIVOS: aprendemos a xogar ó beisbol e ó kickball. |